Gelu Ramos

O Propósito é Acompañar individual ou grupalmente no proceso de ampliar conciencia integrando a experiencia a través da presencia corporal, a atención poética e a palabra, para facernos responsables da nosa propia luz e da propia sombra.

A proposta se basea na convicción de que se recuperamos a conexión co ser que somos, a creación brotará espontaneamente ao servizo da propia vida e o ben común.

Tamén é unha proposta a buscar a beleza, de desfacerme e desfacernos do innecesario e darlle espazo a ser testemuñas e creador@s da beleza, da que está dentro, e da que está fora, da nosa propia historia.

Compartir o meu impulso de vida ao servizo do ben común.

Crear, este é o gran alivio á dor e o que fai máis doada a vida

Bailar é poñer o corpo en cada experiencia e así facernos presentes

Cada movemento é un acontecemento único e irrepetible, un destello,
un fulgor que capta o indescifrable do desexo

MOVEMENTO

A vida é movemento. Todo forma parte do movemento da vida. Vivimos nun corpo vivo porque está en movemento.

PRESENZA

A presenza é o estado dende o que podemos observar, acompañar a experiencia dende a calma e a compaixón.

VÍNCULOS

Vincularnos apórtanos vida, e a nosa vida maniféstase a través dos vínculos sociais.

CREACIÓN

A creación como práctica e actitude que abre unha mirada diferente a unha mesma e ao mundo.

FEMINISMO E CAMBIO SOCIAL

O feminismo aporta á psicoterapia unha mirada ampla da concepción de suxeito e da realidade social.