A presenza física engade e enriquece o encontro, pola viveza da palabra, a enerxía da presenza, a posibilidade de xogar coas sensacións corporais, a danza, o movemento improvisado e sobre todo co contacto das miradas.
Mais as veces, en algunhas ocasións, non se fai posible este encontro presencial, pola distancia, as viaxes, etc., calquera outra circunstancia, por elo quero ofrecer a posibilidade, cando non é posible doutra maneira, de poder levar adiante un traballo a través dos medios online que hoxe temos a disposición. Encontrarnos a través dos medios online, sexa Skype, Zoom, Whatsapp.