Danza para desenvolver a propia creatividade a partir do movemento.
Espazo para explorar, descubrir, investigar as posibilidades de movemento que nos regala o corpo.
Improvisar a partir de poéticas (o que nos inspira creativamente): a poética da casa, a da respiración, a do espazo, a de calquera elemento da nosa vida.
Partindo dende o que se move en min neste momento, bailamos para crear un movemento novo.
“Es imposible aprender nada nuevo a nivel emocional o intelectual si no aprendemos un movimiento nuevo”, Gurdjieff.
Danzando bailamos letras soltas que quedaron na nosa historia, e con elas, facemos poesía.
A través de dinámicas corporais tomamos inspiración para escribir e viceversa, do corpo á palabra e da palabra ao corpo.