As veces a vida ponnos diante de situacións e sentimentos que nos provocan malestar. Podemos partir do malestar para explorar, recoñecer e integrar novas maneiras de vivir dun xeito máis placenteiro e satisfactorio. A isto chamámoslle crecemento e desenvolvemento persoal a través do autocoñemento.
Un espazo de encontro onde centrar a atención no que che trae, no que che move, e onde eu acompaño como testemuña. Dende o autocoñecemento poder recoñecer as propias necesidades para facerte responsable de elexir e desenvolver o teu potencial vital.
O proceso terapéutico é o proceso de aprender a sosternos a nós mesm@s e para elo precisamos estar conectad@s con nós mesm@s primeiro. Reconectar contigo a través do teu corpo, prestar atención ao que ocurre no presente, desenvolver a capacidade de soster os estados emocionais que xurden no interior. E así como recuperamos a propia seguridade en nós mesm@s.
O Amor propio implica recoñecer as propias cualidades, valores e necesidades.
“O terapéutico ten moito que ver con devolver á persoa a liberdade, a espontaneidade e a capacidade de coñecer os seus propios desexos”
C. Naranjo
Podemos dar un marco corporal centrado no Movemento Auténtico sempre elaborando despois ca palabra, ou ben traballar ca palabra e a reflexión. As sesións poden prantexarse como sesións puntuais ou ben enmarcadas nun proceso de elaboración máis longo.
1.- Vive agora, é dicir, preocúpate do presente máis que do pasado ou do futuro.
2.- Vive aquí: relaciónate máis co presente que co ausente.
3.- Abandona os pensamentos innecesarios; máis ben sinte e observa.
4.- Deixa de imaxinar: experimenta o real.
5.- Prefire expresar antes que manipular, explicar, xustificar ou xuzgar.
6.- Entrégate ao desagrado e á dor tal e como ao pracer, non restrinxas o teu percatarte.
7.- Non aceptes ningún outro “debería ou tería” máis que o téu propio: non adores a ningún ídolo.
8.- Responsabilízate plenamente das túas accións, sentimentos e pensamentos.
9.- Acepta ser como es (Naranjo, 1989).