
MOVEMENTO
A vida é movemento. Todo forma parte do movemento da vida. Vivimos nun corpo vivo porque está en movemento.
O centro desta proposta é despertar o corpo, poñelo en movemento e sentirse viv@ e unid@, sentirse parte.
O movemento dende:
- o terapéutico onde o movemento da persoa é o foco,
- o espiritual profundando na relación co baleiro, meditación en movemento,
- e o creativo como apertura a unha mirada distinta máis ala do eu.