Nacín en Monforte de Lemos (Lugo), pobo de orixe da miña nai.
Licencieime en Socioloxía, especialidade de Psicoloxía Social na Facultade de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.
O inicio do meu camiño de crecemento foi o feminismo. A orixe da miña busca no ámbito terapéutico, para atopar ferramentas de psicoterapia ante as situacións que se abrían nos talleres coas mulleres. Por ende, dende unha mirada sociolóxica e feminista, considero moi importante ter en conta o marco social na comprensión das situacións e problemáticas das persoas no que non podemos obviar a sociedade patriarcal e mercantilista na que vivimos.
Empecei a formación en Terapia Gestalt no ano 1999 no Instituto de Psicoterapia Gestalt de Madrid. Fixen os dous anos seguintes da miña formación no IPTG de Alicante. Neste proceso de formación e crecemento persoal entendín emocionalmente o fondo sentido do auto-apoio, do risco, a importancia dos límites, da propia responsabilidade e do compromiso cos e coas demais.
Continuo a miña formación e proceso persoal co programa SAT de Claudio Naranjo incorporando o mapa de autocoñecemento do Eneagrama a miña vida e práctica terapéutica como unha ferramenta moi importante. Con Bettina Waisman e Andrés Waksman teño a oportunidade de coñecer o Movemento Auténtico, agora tamén referencia importante para min. O movemento auténtico é un espazo sinxelo con unha profundidade grande: pechar os ollos para escoitar o corpo e deixar que se manifeste o que ten que manifestarse.
Durante a estancia na Universidade tiven a oportunidade de relacionarme ca danza e iniciar formación en Danza Contemporánea con diferentes profesor@s en Madrid, Santiago de Compostela, Barcelona, Colombia e Cuba.
Formada no “Postgrado de Cuerpo y Arte” de Alas en Barcelona é a partir de aquí que introduzo no meu traballo con moita máis presenza ao corpo como territorio de todas as nosas experiencias e a experiencia creativa como elemento intrínseco á vida e a saúde. Na miña experiencia a danza é a práctica que me apaixona e me abre o camiño da creación.
Formada en Psicoterapia clínica integrativa no Ipetg de Alicante: Integración que abarca as funcións corporais, emocionais e intelectuais da persoa, así como a súa transcendencia.
Son practicante e aprendiz de ioga.
Ser nai é a miña outra gran escola, e o meu fillo Lucas meu mestre.
▪ Licenciada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid
▪ Programa de Doutoramento Estrutura e Cambio Social, Universidade da Coruña
▪ Posgrao Desenvolvemento Local na Universidade da Coruña
▪ Formación Terapia Gestalt no Ipetg Alicante, 2003
▪ Programa Sat Claudio Naranjo 2011/2014
▪ Grupo Didáctico Movemento Auténtico con Betina Waissman e Andrés Waksman
▪ Posgrao Cuerpo y Arte, Alas, Barcelona, 2017/19
▪ Psicoterapia Clínica Integrativa, Ipetg Alicante, 2019/24
▪ Formación e práctica Danza Contemporánea
▪ Círculo Trauma y Amor Propio. Gabor Maté. 2024